Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A4 B2 Na aula de informática, realizarase aprendizaxe baseada en problemas e estudos de casos prácticos. Farase unha introdución á aceleración de aplicacións en lóxica programable mediante síntesis de alto nivel . Programaranse as GPUs con CUDA sobre o cluster do CESGA ou do GAC-UDC; e, compararanse con outros métodos de programación como o OpenCL. 50
Traballos tutelados A4 A5 B1 B2 B7 C1 O estudante teñe que resolver un traballo onde presentará unha memoria e valórase o correcto funcionamento do traballo no laboratorio, se corresponde 30
Proba obxectiva A7 B7 Corresponde a coñecementos impartidos nas sesións maxistrales. 20
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade os criterios e actividade de avaliación son os mesmos que na primeira oportunidade.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.