Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B1 B5 B8 C6 C3 Realización obrigatoria. É necesario entregar todos os traballos para superar a materia. 50
Proba mixta A3 Realización obrigatoria. Necesario aprobar o exame para superar a materia. O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte práctica (60%). 50
 
Observacións avaliación

Non presentado

  • Terá a condición de Non presentado (NP)
    quen non presente ningún traballo práctico nin concorra á proba
    obxectiva no período oficial de avaliación. Por conseguinte, quen presente calquera traballo práctico e/ou realice a
    proba obxectiva considerarase "Presentado" e será avaliado.

Traballos prácticos

  • No caso de existir nalgún tema, as actividades de gamificación substituirán ás entregas de prácticas e suporán a mesma cualificación na nota
    global.
  • Soamente os alumnos con cualificación de NON PRESENTADO na primeira
    oportunidade poderán entregar os traballos propostos durante o curso
    para a segunda oportunidade. En caso de SUSPENSO na primeira
    oportunidade, só se poderán entregar de novo os traballos suspensos que
    sexan así calificados polo profesor.
  • O retraso na entrega dos
    traballos levará consigo unha penalización na nota que aparecerá
    recollida na planificación docente na páxina web.
  • En ningún caso as notas dos traballos gárdanse para os seguintes cursos académicos.

Oportunidade adiantada

  • A avaliación basearase exclusivamente na proba obxectiva.

Matrícula a tempo parcial

  • Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
    actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
    establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao
    profesorado.

Cualificación exame

  • Os alumnos farán unha
    proba escrita ao finalizar o cuadrimestre de acordo ao calendario oficial.
    O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte
    práctica (60%) de realización de pequenos programas. Nesta segunda parte o
    alumno poderá consultar o manual de Python.

Alumnos de segunda matrícula e posteriores

  • A avaliación basearase no recollido nesta guía. Dada a posibilidade de
    non asistir presencialmente por incompatibilidade cos horarios de
    segundo curso, realizarán a maiores unha serie de traballos prácticos
    ademáis dos propostos para os alumnos de primeira matrícula. Neste caso
    exisirase asistencia a titorías, bien presencialmente ou virtualmente.
Outras observacións
  • Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.