Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B8 B10 Proba escrita presencial con cuestións teóricas e problemas prácticos a resolver. 0
Prácticas de laboratorio A1 A3 A4 A5 B5 B7 B8 B10 B12 Resolución de exercicios prácticos relacionados coas sesións maxistrais. Valorarase a adecuación das solucións propostas aos problemas, a calidade dos resultados obtidos e a comprensión das técnicas utilizadas 80
Proba de resposta breve A1 A4 A5 Probas presenciais con cuestións breves sobre os contidos da materia que se utilizarán para avaliar a adquisición dos coñecementos. 20
 
Observacións avaliación

A proba obxectiva supón o 100% da cualificación final. De forma alternativa, pódese alcanzar o 100% da cualificación final presentando as prácticas de laboratorio e as probas de resposta breve ao longo do curso. A presentación das prácticas de laboratorio e as probas de resposta breve exime da realización da proba escrita.


Se un/unha estudante entrega as prácticas de laboratorio e as probas de resposta breve e se presenta posteriormente á proba escrita, prevalecerá a cualificación obtida na proba escrita.