A asignatura divídese en dúas partes (programación baseada en directivas e mediante pase de mensaxes). Cada parte supón o 50% da nota final da asignatura. Para poder superar a asignatura deberá obterse, como mínimo, un 4 sobre 10 en cada unha das partes e un 5 sobre 10 na nota global.
Na segunda oportunidade soamente se poderá recuperar as notas do examen final. As notas dos traballos tutelados serán as obtidas durante o curso.
Todos os aspectos relacionados coa "dispensa académica", a "dedicación ao estudo", a "permanencia" e o "fraude académico" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.