Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 B2 B3 B5 B7 B9 C3 Ao final do curso se realizará unha proba escrita que incluirá preguntas curtas de contidos teóricos básicos e problemas similares aos resoltos en clase.

Puntuaranse, ademais da validez dos argumentos, o rigor, e a redacción do texto matemático, que ha de ser ordenado e preciso.

A nota obtida neste apartado, E, contribuirá un 60% da nota final. Para aprobar a materia é necesario que E sexa maior que 2.25 puntos.

A nota final da materia é a suma das notas L+P+E. Considerarase a materia superada cando L+P+E sexa maior ou igual a 5.
60
Prácticas a través de TIC B2 B3 B9 C3 O/a alumno/a realizará unha serie de exercicios e códigos relacionados coa materia, principalmente empregando Python. Realizarase durante as sesións de problemas nas prácticas de laboratorio.

A nota obtida neste apartado, P, contribuirá un 10% á nota final.
10
Prácticas de laboratorio A1 B2 B7 B9 Ao longo do curso o alumno realizará, como máximo, tres entregas de traballos que se resolverán durante horas de clase. Consistirán na resolución de: cuestións curtas sobre contidos teóricos e problemas como os explicados nas prácticas de laboratorio.

Puntuaranse, ademais da validez dos argumentos, o rigor, e a redacción do texto matemático, que ha de ser ordenado e preciso. Tamén se poderá valorar a actitude colaborativa do alumnado durante o desenvolvemento das prácticas.

A nota obtida neste apartado, L, contribuirá un 30% da nota final. Será a mesma nas dúas oportunidades da convocatoria do curso académico.
30
 
Observacións avaliación

-Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: previo acordo coa profesora da materia, axustaranse as probas da avaliación continua para que devandito estudante poida obter a mesma cualificación que en matrícula ordinaria. 

-Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: axustaranse as probas de avaliación dependendo das particularidades de cada caso.

- Avaliación do alumnado no EAG: os alumnos que de forma voluntaria realícen os tests de seguimento semanais (véxase apartado Atención personalizada), optan a un bonus.