Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión de todo o material necesario para o seguimento das sesións maxistrais. Nas sesións maxistrais expoñeranse os contidos teóricos da materia, necesarios para poder entender a lóxica e o funcionamento dos diferentes protocolos e sistemas, así como para realizar as prácticas de laboratorio.
Prácticas de laboratorio A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión do material necesario para a realización das prácticas da materia. Nas prácticas de laboratorio o alumnado deberá profundar en determinados aspectos teóricos da materia. Para conseguir este obxectivo realizaranse prácticas utilizando a ferramenta de emulación/simulación de redes e/o de análises de protocolos Cisco PacketTracer, así como Docker para a parte de virtualización e Azure na parte de servizos/computación na nube.
Presentación oral A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión do material necesario para a realización do traballo asociado á presentación oral da asignatura. Esta presentación oral faráse en grupos de estudantes onde exporán o traballo reflexado nas memorias requeridas nas prácticas da asignatura.
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumnado deberá demostrar o seu coñecemento da materia. O exame constará de preguntas para avaliar o coñecemento teórico e exercicios para avaliar o coñecemento práctico.