Proba mixta |
A3 |
Realización obrigatoria. Necesario aprobar o exame para superar a materia. O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte práctica (60%). |
45 |
Non presentado - Terá a condición de Non presentado (NP)
quen non presente ningún traballo práctico nin concorra á proba
obxectiva no período oficial de avaliación. Por conseguinte, quen presente calquera traballo práctico e/ou realice a
proba obxectiva considerarase "Presentado" e será avaliado.
Traballos prácticos - No caso de existir nalgún tema, as actividades de gamificación substituirán ás entregas de prácticas e suporán a mesma cualificación na nota
global.
- Soamente os alumnos con cualificación de NON PRESENTADO na primeira
oportunidade poderán entregar os traballos propostos durante o curso
para a segunda oportunidade. En caso de SUSPENSO na primeira
oportunidade, só se poderán entregar de novo os traballos suspensos que
sexan así calificados polo profesor.
- O retraso na entrega dos
traballos levará consigo unha penalización na nota que aparecerá
recollida na planificación docente na páxina web.
- En ningún caso as notas dos traballos gárdanse para os seguintes cursos académicos.
Oportunidade adiantada - A avaliación basearase exclusivamente na proba obxectiva.
Matrícula a tempo parcial - Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.
Cualificación exame - Os alumnos farán unha
proba escrita ao finalizar o cuadrimestre de acordo ao calendario oficial.
O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte
práctica (60%) de realización de pequenos programas. Nesta segunda parte o
alumno poderá consultar o manual de Python.
Alumnos de segunda matrícula e posteriores
- A avaliación basearase no recollido nesta guía. Dada a posibilidade de
non asistir presencialmente por incompatibilidade cos horarios de
segundo curso, realizarán a maiores unha serie de traballos prácticos
ademáis dos propostos para os alumnos de primeira matrícula. Neste caso
exisirase asistencia a titorías, bien presencialmente ou virtualmente.
Outras observacións- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|