Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A19 A23 B1 B2 B4 B7 C3 C6 C7 O estudante deberá realizar varios traballos prácticos en grupos de 3 persoas. Cada un avaliarase de xeito grupal e individual. (Cando sexa imposible traballar en grupo, o traballo levarase a cabo de xeito individual).

A valoración máxima de cada traballo indicarase na presentación do mesmo.
30
Sesión maxistral B7 C3 C6 C7 A avaliación realizarase mediante a clásica proba escrita. 60
Traballos tutelados A19 A23 B1 B2 B4 B7 C3 C6 C7 O estudante deberá preparar de manera autónoma varios traballos. Cada un avaliarase de xeito individual.

A valoración máxima de cada traballo indicarase na presentación do mesmo.

10
 
Observacións avaliación

N.B.: En aqueles cursos nos que non exista separación entre os
grupos de prácticas e traballos tutelados, ou que non existan grupos
reducidos para os traballos tutelados, os traballos e cualificacións
tamén se realizarán de maneira conxunta. Isto é, os traballos tutelados
pasarán a formar parte das prácticas de laboratorio, e as prácticas de
laboratorio suporán o 40% da cualificación final.

Especialmente nas prácticas de laboratorio, terán una valoración negativa todos aqueles métodos de traballo e resultados contrarios ás competencias asociadas.

Dado o carácter práctico da materia, de maneira opcional, e sempre segundo o criterio do coordinador da materia, poderanse adiantar partes da proba escrita ao longo do cuadrimestre para aqueles estudantes que demostren un desempeño axeitado na realización dos traballos prácticos. Esta posibilidade esta suxeita a capacidade loxística dentro da materia, que ven limitada en gran parte polo número de matriculas.

Nos traballos de laboratorio que se realicen en grupo, valorarase tanto a calidade do traballo como a achega persoal de cada membro do grupo.