Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Ao longo da materia combínanse tanto as exposicións maxistrais como a parte práctica.

O método maxistral utilízase para a presentación dos contidos teóricos que se expoñen ao longo da materia. Por outra banda, na parte práctica o alumnado dedicarase á realización de prácticas e exercicios relacionados co temario exposto a través do método maxistral.

En todo momento fomentarase a participación do alumnado na aula.

Adicionalmente, para abordar aqueles problemas de especial dificultade, tamén se poderán empregar as franxas horarias dispoñibles para a atención do alumnado.