Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Matemática Discreta | Código | 614G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A través da plataforma virtual da universidade, porase a disposición do alumnado a información detallada dos contidos de cada tema co fin de que cada alumno/a configure, segundo o seu criterio e necesidades, o material adecuado para o seguimento e comprensión da materia, para iso poderá facer uso da bibliografía recomendada e/ou material dispoñible na rede. As clases teóricas e prácticas iranse desenvolvendo de forma simultánea na aula, realizando exercicios despois das explicacións teóricas. Iniciarase a explicación das técnicas formais por medio de exemplos, pondo énfases en cálculos concretos e na natureza algorítmica dalgunhas delas. Preténdese que o alumnado sexa capaz de obter conclusións dos resultados obtidos, tentando motivar aos estudantes para que participen e sexan capaces de inferir conclusións. |
Seminario | Nas horas de tutorías poderanse expor dúbidas sobre os conceptos, exercicios e procedementos vistos nas sesións de teoría e problemas. |
Proba obxectiva | Haberá un cuestionario a través de Moodle e un exame escrito. A proba de Moodle constará de preguntas de tipo teórico e problemas similares aos feitos na aula. Abordará os contidos e resultados do temario vistos ata ese momento do curso. A probra farase na aula coa presencia do profesorado da materia. O exame final será escrito e consistirá nunha colección de preguntas teóricas e/ou problemas (do mesmo tipo que os propostos nos seminarios (TGR) e nos boletíns de exercicios). |
Prácticas de laboratorio | Ao comezo de cada tema facilitaráselle ao alumnado un boletín de exercicios relacionados cos contidos teóricos explicados nas clases de teoría. Nestas sesións preténdese: i) incentivar ao alumnado, mediante exercicios interactivos que deben resolver para reforzar a comprensión dos conceptos estudados, ii) fomentar a resolución razoada dos exercicios, evitando a utilización de "receitas" iii) potenciar a capacidade de abstracción, o razoamento lóxico e a identificación de erros nos procedimentos. Dependendo do tema e dos recursos dispoñibles, poderánse plantear traballos con programas informáticos que reforcen os conceptos traballados nas clases teóricas e de exercicios. |