Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A24 A25 A26 B2 B4 B7 B10 C1 C4 Valoraranse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso. Algunhas das sesións estarán dedicadas á revisión dos traballos entregados e se realizarán preguntas sobre os mesmos. A asistencia a estas sesións é de carácter obrigatoria, no caso contrario o efecto será o mesmo que a non entrega da práctica. 40
Proba obxectiva A24 A25 A26 B2 B3 B8 B9 Realización obrigatoria. Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. 60
Prácticas de laboratorio A24 A25 A26 B2 B3 B7 B9 B10 C1 Son obrigatorias para poder aprobar os traballos da solución de problemas e inflúen na cualificación final destes, pero non se puntúan á marxe da nota outorgada á solución de problemas. 0
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

- Lograr unha nota superior ou igual a 4 na proba mixta final realizada ao final do cuadrimestre.

- Lograr unha nota superior ou igual a 5 ao realizar a suma de todas as probas de avaliación.

Avaliación no caso da convocatoria adiantada

- No caso de que o alumnado solicite e asista á convocatoria adiantada, o 50% da súa nota será a proba mixta (exame final) e o outro 50% o traballo tutelado. O traballo tutelado deberá entregarse como data límite o mesmo día do exame oficial da convocatoria adiantada. Para aprobar a materia, o alumnado debe cumprir os requisitos mencionados anteriormente.

Sobre a responsabilidade
compartida dos traballos en grupo

- Nas
actividades que se levan a cabo en grupos, todas as persoas que conforman o grupo de traballo serán responsables solidarias da súa realización e entrega, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das
normas de autoría do mesmo.

- O traballo entregado deberá ser orixinal do grupo. De acordo ao Artigo 11, Apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros/as, por obtención doutras fontes, etc.) conlevará a calificación de SUSPENSO con 0 puntos nesa convocatoria completa tanto para o grupo que presente material copiado como para o grupo que o facilitase.

Matrícula a tempo parcial

-
O alumnado matriculado a tempo parcial terá que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do alumnado comunicar a súa situación ao
profesorado.

Non presentado

- Únicamente terá a condición de “Non presentado” quen non entregue actividade algunha nin concorra á proba obxectiva.