Primeira oportunidade (ordinaria - maio):
Realización de prácticas: 40%
Traballos academicamente dirixidos: 50%
Seguimento continuo e objetivable dunha participación activa: 10%
Segunda oportunidade (extraordinaria - xullo):
Realización de prácticas: o alumno conservará a nota obtida neste apartado na convocatoria ordinaria, xa que para a convocatoria extraordinaria non se planifican novas actividades. 40% da nota final.
Avaliación de traballos academicamente dirixidos: será preciso presentar os traballos academicamente dirixidos que non se presentaron na convocatoria ordinaria e volveranse a presentar, tras as modificacións oportunas indicadas polos profesores, aqueles que non recibisen unha cualificación mínima necesaria para aprobar na devandita convocatoria. 50% da nota final.
Seguimento continuo e objetivable dunha participación activa: o alumno conservará a nota obtida neste apartado na convocatoria ordinaria, xa que para a convocatoria extraordinaria non se planifican novas actividades. 10% da nota final.
Non presentado:
Considerarase non presentado ao alumno que non entregue ningunha práctica nin traballo academicamente dirixido.