Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Software de Comunicacións |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Software de Comunicacións | Código | 614G01034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A31 A34 B1 B3 C3 | A avaliación realizarase mediante o seguimento continuado durante o curso do traballo do alumno coa entrega das mesmas e a proba obxetiva de prácticas realizada na última sesión de prácticas. |
30 |
Proba mixta | A31 A34 B1 B3 | Mediante unha proba escrita valorase o cooñecemento adquirido polo alumno ao longo do curso. Nesta proba escrita avaliaranse tanto os contidos explicados nas sesións maxistrais como nas sesións de solución de problemas. | 50 |
Traballos tutelados | A31 A34 B1 B3 C3 | Avaliarase a realización por parte do alumno de exercicios propostos polo profesor, tendo en conta a súa participación na dinámica da aula. | 20 |
Observacións avaliación | |||
A nota mínima esixida é de 2 puntos sobre 5 na proba mixta final. No caso de non acadar esta nota, a cualificación final do alumno obtense como a suma da nota obtida na proba mixta e o resultado de dividir por dous a suma da nota obtida nas prácticas a través de TIC e nos traballos tutelados. Na segunda oportunidade unicamente se realizará a proba mixta. A nota de prácticas e de traballos tutelados será a obtida durante o curso mediante a avaliación continua do traballo do estudante. Estudantes con matrícula a tempo parcial: as prácticas non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial na modalidade de matriculación a tempo parcial. Os prazos de entrega e defensa para estes alumnos serán tamén flexibles ás necesidades do alumnado. Os traballos tutelados valoraranse únicamente nas sesións de seminarios de grupos reducidos (TGR). |
|