A nota final virá dada pola nota obtida por AVALIACIÓN CONTINUA e a obtida no EXAME FINAL. O Exame Final constará de varias preguntas e problemas a codificar na linguaxe de programación empregado nas sesións prácticas. Para poder superar a materia será obrigatorio obter polo menos o 30% da cualificación do EXAME FINAL e ademais, alcanzar polo menos un 5 (sobre 10 puntos) tras sumar a nota do EXAME FINAL, coa cualificación obtida de AVALIACIÓN CONTINUA.
Non Presentado: os estudantes que non participen no EXAME FINAL terán a cualificación de "Non Presentado".
Para os alumnos que teñan matrícula a tempo parcial a asistencia as clases non é obrigatoria, pero si a asistencia a proba no laboratorio na data establecida para a avaliación da parte práctica de laboratorio.
Durante a realización da proba, en calquera de ambas as oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de calquera dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba, hai indicio do uso non autorizado deses dispositivos, o estudante será expulsado da aula, e procederase segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.
A realización fraudulenta das probas e/o actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida en todas as actividades para a seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan desde fóra da aula, procedendo segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.