Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Intelixencia computacional para bioinformática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Prácticas en grupo de realización OBRIGATORIA que abordarán cada un dos temas da materia.
Son OBRIGATORIAS para poder aprobar e inflúen na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúan á marxe deste.
0
Traballos tutelados Traballo en grupo de realización OBRIGATORIA que abordará cada un dos temas da materia. Realizarase en diversas fases ao longo do curso e supón unha avaliación completa e continua sobre todos os aspectos teóricos e prácticos da materia. Inclúe tamén un seguimento de participación activa por parte do alumnado.

Algún dos traballos podería plantexarse como de realización voluntaria e individual.

As condicións e contido concreto detallaranse durante o curso.

Dada a relación direita co contido das prácticas a nota deste apartado inclúe a avaliación das mesmas.
Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 5 neste apartado.
100
Presentación oral Poderanse establecer sesións de presentación e discusión dos detalles dos traballos tutelados (e as prácticas), os resultados obtidos e as conclusións extraídas. Nese caso, É OBRIGATORIA a realización da presentación para poder aprobar e inflúe na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúa á marxe deste.

0
 
Observacións avaliación

OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA ASIGNATURA

A asistencia regular ás clases prácticas, a entrega das mesmas e a súa presentación nas datas e horarios indicados, son condicións obrigatorias para aprobar a materia.

Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo

Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.


Non presentado

O alumnado considerase presentado nunha convocatoria se fai entrega dalgunha das actividades de avaliación.

Avaliación na segunda oportunidade

Dado que a superación da materia se centra na superación dos traballos tutelados, para a segunda oportunidade só será posible reentregar e presentar os traballos que recibisen a cualificación de SUSPENSO ou NON PRESENTADO na primeira oportunidade, sempre dacordo ás instruccións facilitadas para a entrega na segunda oportunidade.

En canto aos criterios de avaliación, a segunda oportunidade estará sometida aos mesmos que a primeira.

Avaliación no caso da convocatoria adiantada

No caso de que o alumnado solicite e asista á convocatoria adiantada, o 100% da súa nota corresponderá cos traballos tutelados. A entrega realizarase como data límite dous días antes do exame oficial da convocatoria adiantada. No caso de requerirse unha presentación ou defensa dos traballos, terá lugar o día oficial do exame.

Matrícula a tempo parcial

En caso de matrícula a tempo parcial elimínase a obrigatoriedade da asistencia ás clases de prácticas, pero non a entrega de traballos nin a asistencia ás presentacións orais dos mesmos nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do alumnado comunicar a súa situación ao profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes