Teaching GuideTerm Faculty of Computer Science |
Grao en Enxeñaría Informática |
Subjects |
Software Process |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2024/25 | |||||||||||||
Subject | Software Process | Code | 614G01019 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Laboratory practice | A7 A14 A22 B1 B2 B3 | Exame individual sobre os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Do peso asignado a esta proba (60% da cualificación final), o 50% co exame final e o 10% coa proba de comprensión. | 40 |
Mixed objective/subjective test | A7 A14 A22 B1 B2 B3 C7 | O alumnado, en grupo, deberán resolver o análise de requisitos dun dominio plantexado polo profesorado | 60 |
Assessment comments | |||
AVALIACIÓN: A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes aspectos: 1. Práctica en grupo supervisada (40% da nota final). Ao longo docurso realizaranse a análise de requisitos dun dominio exposto polo profesorado. Para a avaliación desta práctica supervisada terase en conta:
2. Proba mixta ou exame final (60% da nota final). O examen final constará de preguntas, cuestións e/ou exercicios de calquera aspecto visto na materia e que o alumno terá que responder. ALUMNADO DE MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo supervisada, recoméndase que este alumnado fale co profesorado ao longo da primeira semana de clase con obxecto de tratar de buscar o mellor horario posible para a súa realización. En canto ao resto de actividades, e a pesar de non ser actividades de presenza obrigatoria, trataráselles de dar as máximas facilidades para que poidan asistir ás mesmas. REQUISITOS: Para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes requisitos: 1. Obter unha cualificación final mínima de 5 puntos sobre 10 entre todas as probas segundo a ponderación establecida. 2. Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final. En caso de que non se cumpra este requisito, a nota final da materia será a do exame final puntuada sobre 10. RECUPERACIÓN: O alumnado que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais da mesma mediante a realización dun novo exame final. Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo supervisada esta parte non poderá recuperarse. NORMATIVAS ACADÉMICAS: Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Ademais, con respecto a fraude académica, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) en todas as convocatorias correspondentes ao curso académico actual. |
|