Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Sistemas Empotrados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A32 A34 B1 Nas sesións de laboratorio propóñense unha serie de prácticas para aplicar os coñecementos adquiridos na materia. Ao final dalguhas sesións valórase o correcto funcionamento da práctica, o axeitado do traballo presentado e a comprensión dos conceptos traballados mediante unha proba escrita. 40
Proba obxectiva A32 A34 B1 Corresponde a coñecementos impartidos nas sesións maxistrais. 40
Traballos tutelados A32 A34 A35 B1 C6 Cada estudante ten que desenvolver un mini-proxecto, para o que presentará unha memoria. e valórase o correcto funcionamento do trabalho no laboratorio. 20
 
Observacións avaliación

O 40% da cualificación corresponde á proba obxectiva final, o 40% á avaliación das prácticas de laboratorio e o 20% restante aos traballos tutelados.

Na segunda oportunidade permitirase recuperar un 60% da cualificación ao alumnado que no superara a
materia na primeira oportunidade: O 40% da cualificación
corresponde á proba obxectiva final e o 20% dos traballos tutelados, conservando a nota de prácticas obtida na avaliación continua durante o curso.

Considérase coma "non presentada/o" a calquera estudante que non realice a proba obxectiva.

Todos
os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes