Seminario |
A17 A18 A20 B1 B5 B6 C1 |
Ao longo do curso, o alumno demostrará o seu interese polo tema e o seu dominio mediante a realización de probas escritas (controis) no que se avaliará o traballo práctico da materia.
Os alumnos que non obteñan o máximo do 20% da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar a parte faltante na realización do exame final da materia. |
20 |
Na data establecida pola Facultade na súa planificación anual, o alumno fará por escrito o exame final da materia (proba mixta), no que terá que responder a preguntas teóricas, resolver preguntas teórico-prácticas e calcular a solución de diversos problemas. Para esta proba o alumno só poderá levar consigo o material autorizado expresamente. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. Non se considera necesario realizar ningunha adaptación para os alumnos a tempo parcial ou con dispensa académica, xa que todos os alumnos dispoñen da posibilidade de obter a máxima cualificación na materia no exame final. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
|