Supervised projects |
B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 |
Avaliarase a calidade do traballo realizado e a súa xustificación. |
30 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global superior a 5, e ademais: - Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na solución de problemas.
- Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 3) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 3) na proba mixta.
De non obter algunha destas notas mínimas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.
SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que
non superasen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de
cada unha das partes farase da seguinte forma: - Traballos
tutelados: poderán recuperarse no caso de que non foran entregados ou
non se acadase a nota mínima na primeira oportunidade. - Solución de problemas: cada práctica poderá recuperarse realizando unha nova entrega na segunda oportunidade.
- Proba mixta: poderá recuperarse realizando o exame, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Se
un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das
partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte. - Na segunta oportunidade mantéñense as mesmas porcentaxes de avaliación e notas mínimas da primeira oportunidade.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.
NORMATIVA ACADÉMICA Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|