Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Programación I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C6 Durante as últimas semanas con prácticas do curso realizarase unha proba no laboratorio usando ordenadores que terá un valor máximo de 4 puntos sobre a nota total do curso. Será necesario que o programa para realizar polo alumno no laboratorio compile e execute de forma correcta e completa. 40
Proba obxectiva A2 A3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 O EXAME FINAL, tanto na primeira convocatoria (xaneiro) como na segunda oportunidade (xuño/xullo) constará de varias preguntas ou exercicios que o alumno terá que desenvolver en código Phyton, e terá un valor de 6 puntos. 60
 
Observacións avaliación

A nota final virá dada pola nota obtida por AVALIACIÓN CONTINUA e a obtida no EXAME FINAL. O Exame Final constará de varias preguntas e problemas a codificar na linguaxe de programación empregado nas sesións prácticas. Para poder superar a materia será obrigatorio obter polo menos o 30% da cualificación do EXAME FINAL e ademais, alcanzar polo menos un 5 (sobre 10 puntos) tras sumar a nota do EXAME FINAL, coa cualificación obtida de AVALIACIÓN CONTINUA.

Non Presentado: os estudantes que non participen no EXAME FINAL terán a cualificación de "Non Presentado".

Para os alumnos que teñan matrícula a tempo parcial a asistencia as clases non é obrigatoria, pero si a asistencia a proba no laboratorio na data establecida para a avaliación da parte práctica de laboratorio.

Durante a realización da proba, en calquera de ambas as oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de calquera dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba, hai indicio do uso non autorizado deses dispositivos, o estudante será expulsado da aula, e procederase segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

A realización fraudulenta das probas e/o actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida en todas as actividades para a seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan desde fóra da aula, procedendo segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes