De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e
osecriterios de coordinación acordados para a área,
- As oportunidades de Xuño e Xullo avaliaranse calculando unha
media entre os resultados da avaliación continua e da proba final, ponderados ó
50%
- Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado
dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da
materia,de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior
Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas atal
efecto polos profesores ou, cando proceda, polos órganos da Facultade, agás nos
supostos que no seu caso prevea a normativa académica; de non se realizar,
cualificaranse como cero a efecto de calcula-la cualificación final.
De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como
"non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas
que ponderen menos dun 20% na avaliación xeral do curso, con independencia da
cualificación acadada.
Durante as aulas, salvo autorización expresa por parte dos
profesores, os móbiles, ordenadores e aparellos electrónicos similares
permanecerán en todo momento fóra da vista; durante os exames deberán ademais
estar apagados. O incumprimento destas normas ou o uso indebido destes
aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames, e neste último caso
terán ainterpretación de fraude.
A comisión de fraude poderá implicar que o alumno
deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto polo equipo docente
damateria, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.