Análise de fontes documentais |
A3 A4 A5 |
Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridade.
|
5 |
Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao exame. Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade coma para xullo.
Tanto o estudo de casos, análise de fontes documentais e os traballos tutelados realízanse ao
longo do curso e non é posible a súa realización fóra do período lectivo dado que se realizan dentro da aula. Tanto aos alumnos a tempo parcial como a tempo completo se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación.
Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos no exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha nota menor que esta no exame). Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando o exame mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero no exame.
|