Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacitación científico-técnica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa enxeñaría civil: topografía, materiais de construción, xeotecnia, estruturas, edificación, hidráulica, enerxía, enxeñaría sanitaria, medio ambiente, enxeñaría marítima e urbanismo. |
A2 |
Capacidade para comprender os múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se formulan na construción dunha obra pública e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. |
A3 |
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de enxeñeiro técnico de Obras Públicas na especialidade de Construcións Civís. |
A6 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan formular no exercicio da profesión. En particular, coñecer, entender e utilizar a notación matemática, así como os conceptos básicos da álxebra, as propiedades das cónicas e cuádricas, o cálculo infinitesimal e os métodos analíticos para a súa aplicación na resolución de problemas de enxeñaría civil. |
A7 |
Coñecementos básicos sobre o uso dos ordenadores e a súa programación, así como unha introdución básica ao cálculo numérico. |
A8 |
Comprensión da aleatoriedade da maioría dos fenómenos físicos, sociais e económicos, o que permite actuar da forma correcta na toma de decisións ante a presenza de incerteza. |
A9 |
Capacidade para resolver os problemas físicos básicos de enxeñaría civil e coñecemento teórico e práctico das propiedades físicas, químicas, mecánicas e tecnolóxicas dos materiais de construción máis utilizados. |
A21 |
Coñecemento dos conceptos e os aspectos técnicos vinculados aos sistemas de conducións, tanto en presión como en lámina libre. |
A22 |
Coñecemento dos conceptos básicos de hidroloxía superficial e subterránea. |
A23 |
Coñecemento e comprensión dun sistema de abastecemento e dun sistema de saneamento a través dos distintos elementos que os compoñen, así como os coñecementos necesarios para o seu dimensionamento básico e dos aspectos tecnolóxicos relacionados coa súa implantación construtiva. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar o pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo. |
B8 |
Reciclaxe continua de coñecementos no ámbito global de actuación da enxeñaría civil. |
B9 |
Comprensión da importancia da innovación na profesión. |
B10 |
Aproveitamento e incorporación das novas tecnoloxías. |
B11 |
Entendemento e aplicación do marco legal da disciplina. |
B12 |
Comprensión da necesidade de actuar de forma enriquecedora sobre o medio contribuíndo ao desenvolvemento sostible. |
B13 |
Comprensión da necesidade de analizar a historia para entender o presente. |
B15 |
Facilidade para a integración en equipos multidisciplinares. |
B16 |
Capacidade para organizar e dirixir equipos de traballo. |
B17 |
Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e das ideas. |
B18 |
Claridade na formulación de hipóteses. |
B19 |
Capacidade de abstracción. |
B20 |
Capacidade de traballo persoal organizado e planificado. |
B21 |
Capacidade de autoaprendizaxe por medio da inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos e potenciar o uso das novas tecnoloxías da información. |
B22 |
Capacidade de enfrontar situacións novas. |
B23 |
Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita. |
B24 |
Capacidade para aumentar a calidade do deseño gráfico nas presentacións de traballos. |
B25 |
Capacidade para aplicar coñecementos básicos na aprendizaxe de coñecementos tecnolóxicos e na súa posta en práctica. |
B26 |
Capacidade de realizar probas, ensaios e experimentos e analizar, sintetizar e interpretar os resultados. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |