Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacitación científico-técnica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa enxeñaría civil: topografía, materiais de construción, xeotecnia, estruturas, edificación, hidráulica, enerxía, enxeñaría sanitaria, medio ambiente, enxeñaría marítima e urbanismo. |
A2 |
Capacidade para comprender os múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se formulan na construción dunha obra pública e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. |
A3 |
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de enxeñeiro técnico de Obras Públicas na especialidade de Construcións Civís. |
A5 |
Coñecemento da profesión de enxeñeiro técnico de Obras Públicas na especialidade de Construcións Civís e das actividades que se poden realizar no ámbito da enxeñaría civil. |
A13 |
Coñecemento das técnicas topográficas imprescindibles para obter medicións, formar planos, establecer trazados, levar ao terreo xeometrías definidas ou controlar movementos de estruturas ou obras de terra. |
A34 |
Coñecemento do marco técnico, económico e lexislativo e dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de planificación das obras. |
A35 |
Capacidade de análise da problemática da seguridade e saúde nas obras de construción. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B11 |
Entendemento e aplicación do marco legal da disciplina. |
B15 |
Facilidade para a integración en equipos multidisciplinares. |
B16 |
Capacidade para organizar e dirixir equipos de traballo. |
B17 |
Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e das ideas. |
B20 |
Capacidade de traballo persoal organizado e planificado. |
B23 |
Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |