Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacitación científico-técnica e metodolóxica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, a planificación, a dirección, a xestión, a construción, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa Enxeñería Civil: edificación, enerxía, estruturas, xeotecnia, hidráulica, hidroloxía, enxeñería cartográfica, enxeñería marítima e costeira, enxeñería sanitaria, materiais de construción, medio ambiente, ordenación do territorio, transportes e urbanismo, entre outros |
A2 |
Capacidade para comprender os múltiples condicionamentos de carácter técnico, legal e da propiedade que se suscitan no proxecto dunha obra pública, e capacidade para establecer diferentes alternativas válidas, elixir a óptima e plasmala adecuadamente, prevendo os problemas da súa construción, e empregando os métodos e tecnoloxías máis adecuadas, tanto tradicionais como innovadoras, coa finalidade de conseguir a maior eficacia dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública |
A3 |
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos |
B1 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B4 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B6 |
Resolver problemas de forma efectiva |
B7 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo |
B8 |
Traballar de xeito autónomo con iniciativa |
B11 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ambiente de traballo |
C9 |
Capacidade para organizar e planificar |
C11 |
Habilidade para a xestión de información |
C12 |
Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e das ideas |
C13 |
Claridade na formulación de hipóteses |
C15 |
Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado |
C17 |
Capacidade para enfrontarse a novas situacións |
C18 |
Habilidades comunicativas e claridade na exposición oral e escrita |
C19 |
Capacidade para aumentar a calidade no deseño gráfico das presentacións de traballos |