a) Prepare, individualmente ou en
grupo, as cuestións indicadas polo profesor para a súa discusión na aula.
Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa
preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de
vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía o alumno pode compensar con
ata 1 punto a cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e
proba de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación
(5 puntos).
b) Semanalmente realice os exercicios e
casos prácticos propostos polo profesor. Recoméndase o traballo
en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio dunha das dúas sesións
de cada semana o profesor presentará aos alumnos un pequeno exercicio, similar
aos propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de
xeito individual no
tempo marcado polo profesor. Estes exercicios recolleranse e de
todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ao rematar o
cuadrimestre.
En canto ao exame
final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión
Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:
Cualificación
de non presentado.
Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación acadada.
Condicións
de realización do exame final.
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación
co exterior e/ou o almacenamento de información.
Avaliación
da oportunidade de xullo. Esta debe
realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación
do primeiro ou do segundo cuadrimestre.
Por último, no caso de que
ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia.