Solución de problemas |
A1 A3 A12 B3 C3 C1 C6 C10 |
Os alumnos analizarán os datos e expoñerán as conclusións nun traballo, ben de forma individual ou en grupo. |
90 |
Valorarase positivamente a asistencia ás clases, así como a actitude e a
participación dos alumnos nas mesmas cun peso de ata o 10% da nota final. A
asistencia mínima será non inferior ó 80% das horas presenciais (salvo
ausencias debidamente xustificadas). O restante 90% da nota virá dada pola
realización e posible exposición de traballos tutelados. Na corrección dos traballos
teranse en conta os aspectos formais para a resolución dos problemas
plantexados, a claridade nas exposicións e a capacidade de defensa dos
argumentos presentados no traballo escrito, así como de ser o caso presentación oral dos
resultados acadados. Requisito sine qua non para superar a asignatura é superar
as distintas actividades propostas polo profesorado. A nota final da asignatura
será a suma ponderada das cualificacións de cada bloque temático. Para os estudantes co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o 100% da nota virá dada pola realización dos traballos tutelados ainda que, obviamente, están liberados da obriga de defendelos oralmente.
|