Metodoloxías
|
Seminario |
Estudo de casos |
|
Descrición |
A metodoloxía de ensino proposto está baseada no traballo do estudante, que se converte no principal responsable do seu proceso educativo. Para que este obteña o óptimo rendemento do seu esforzo é de extrema importancia que exista unha elevada atención personalizada, a fin de guiar ao estudante neste proceso. Por tanto, periodicamente o profesor convocará aos alumnos a tutorías, que se celebrarán nos horarios máis convenientes para cada estudante, coa intención de que estes reciban a necesaria orientación.
Obviamente e a parte destas tutorías propostas polo profesor, o estudante pode acudir a tutoría, a petición propia, cantas veces desexe, no horario que lle resulte conveniente.
Aqueles alumnos que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporán de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
- A petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite.
- O alumno disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos contidos das clases maxistrais, seminarios e estudo de casos (ver metodoloxía). |
|