Técnicas de Preparación e Caracterización de Materiais
Código
610509019
Titulación
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Química Fundamental
Coordinación
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Profesorado
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta asignatura pertence ao módulo da especialidade “Nanoquímica e Novos Materiais”, que engloba 4 asignaturas, todas elas intimamente relacionadas:
1.-Deseño e desenvolvemento de materiais avanzados
2.-Técnicas de caracterización de materiais
3.-Propiedades de materiais
4.-Materiais moleculares
Esta asignatura é clave no dito módulo para comprender a relación entre as estratexias de síntese de materiais e a súa adecuada caracterización, coas súas propiedades e aplicacións, e polo tanto o seu adecuado deseño e optimización.
Para cursala é recomendable ter ben asentados coñecementos básicos e avanzados de Química, e en particular en Química do Estado Sólido.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías