De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os
ecriterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira,
- A primeira e segunda oportunidade avaliaranse calculando a
media dos resultados da avaliación continua e da proba final, coas
ponderacións indicadas nesta guía. - Oportunidade adiantada:
avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de
tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía
do curso inmediatamente anterior - Os alumnos con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensaacadémica de exención de
asistencia serán avaliados calculando a media dos resultados das
alomenos tres probas de avaliación continua e a proba final, coas
ponderacións sinaladas nesta guía.
A avaliación continua
basearase nos resultados das alomenos tres probas mixtas. A primeira
delas pondera un 20% na cualificación do curso, e as outras dúas un 15%
cada unha.
Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas
sinaladas a tal efecto polo equipo docente da materia., ou cando
proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso
prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como
cero a efecto de calcula-la avaliación global.
De conformidade coa
normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado"
exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun
20% na avaliación global do curso, con independencia da cualificación
acadada.
De se considerar necesario, poderá publicarse undocumento
de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización
das probas. En calquera caso, non se permitirá o emprego de material de
apoio en ningunha proba, tanto de avaliación continua como final e/ou
conxunto.
Durante as aulas, salvoautorización expresa por parte
dos profesores, os móbiles, ordenadores, smartwatches, ecalquera outro
aparello electrónico agás as calculadoras permanecerán en todo momento
fóra da vista; duranteos exames deberán ademais estar apagados. O
incumprimento destas normas ou ouso indebido destes aparellos serán
causas de expulsión da aula ou dos exames,e neste último caso terán a
interpretación de fraude. A gravación das aulas e/ou as titiorías non
está permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código
Penal.
A comisión de fraude poderáimplicar que o alumno deba
examinarse de forma oral ante un Tribunal compostopolo equipo docente da
materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicasque se poidan
derivar.