A asistencia ás clases é imprescindible para a valoración de casos, discusións, solución de problemas e para a realización das probas parciais. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación de 5 sobre 10. Nas probas finais deberase obter polo menos 3 puntos dos 7 máximos, que deberán completarse ata chegar ao 5 coa puntuación acumulada durante o curso, ou obterse directamente na propia proba.As condicións de evaluación para a segunda oportunidade serán as mesmas que para a primeira.
Na proba da convocatoria adiantada, se fora o caso, o alumno deberá obter una cualificación de 5 sobre 10. Este mismo criterio seguirase para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia conforme o establecido na normativa específica da UDC.
A cualificación de non presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida.
Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases.
Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.