De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os ecriterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira,
- A primeira e segunda oportunidade avaliaranse calculando a media dos resultados da avaliación continua e da proba final, coas ponderacións indicadas nesta guía.
- Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior
- Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensaacadémica de exención de asistencia serán avaliados calculando a media dos resultados das alomenos tres probas de avaliación continua e a proba final, coas ponderacións sinaladas nesta guía.
A avaliación continua basearase nos resultados das alomenos tres probas mixtas. A primeira delas pondera un 20% na cualificación do curso, e as outras dúas un 15% cada unha.
Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas a tal efecto polo equipo docente da materia., ou cando proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como cero a efecto de calcula-la avaliación global.
De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación global do curso, con independencia da cualificación acadada.
De se considerar necesario, poderá publicarse undocumento de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización das probas. En calquera caso, non se permitirá o emprego de material de apoio en ningunha proba, tanto de avaliación continua como final e/ou conxunto.
Durante as aulas, salvoautorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores, smartwatches, ecalquera outro aparello electrónico agás as calculadoras permanecerán en todo momento fóra da vista; duranteos exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas ou ouso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames,e neste último caso terán a interpretación de fraude. A gravación das aulas e/ou as titiorías non está permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código Penal.
A comisión de fraude poderá implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.