Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Documentación
 Asignaturas
  Bibliotecas Dixitais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas Valorarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado. 20
Traballos tutelados Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido. 70
Presentación oral Valorarase a claridade, síntese e orde na exposición, así como os medios utilizados para a presentación. Terase en conta a argumentación desenvolvida ás preguntas expostas. 10
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN DA MATERIA EN PERÍODO DE EXTINCIÓN

Presentaranse un traballo, de acordo coas pautas fixadas pola profesora, así como o resumo, dunha serie de lecturas propostas tamén pola profesora.

Farase unha presentación oral do traballo e unha exposición do interese das lecturas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes