Descripción general |
O Traballo de Fin de Mestrado consiste na elaboración integral e indivudual, por parte de cada estudante, dun proxecto concreto, baixo a dirección dun ou máis profesores, a elexir de entre unha relación feita pública anualmente.
Esta asignatura posibilita ao alumno a integración dos coñecementos e habilidades de especialización adquiridos durante os seus estudos de Mestrado, con espíritu crítico e autonomía. Asimesmo, permite avaliar a capacidade do alumno para redactar, discutir e defender o propio traballo a un nivel especializado.
Os Temas concretos dos Traballos de Fin de Mestrado daranse a coñecer ao principio do primeiro cuadrimestre de cada curso académico. Serán función dos alumnos matriculados e a dispoñibilidade de profesores para dirixilos, e estarán relacionados cos contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o mestrado. |