A cualificación do alumno, que non será inferior á proba mixta nin á obtida ponderándoa coa nota da avaliación continua, obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
Nota final= máximo(0.4 x N1 + 0.6 x N2)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á suma da presentación oral e de seminarios (escala 0-10) e N2 a nota numérica da proba mixta (escala 0-10).
En todo caso, para aprobar a materia, será requisito imprescindible alcanzar unha nota final mínima de 5.0 (escala 0-10).
Os estudantes repetidores/as terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.
Dentro do contexto dunha "avaliación continua" e de acordo co contido do
escrito "Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e
Mestrado", a chamada "segunda oportunidade de xullo" enténdese
exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba
mixta. Porén, na devandita oportunidade realizarase de novo a proba
mixta e á cualificación obtida nesta sumaranse as obtidas durante o
curso nas outras actividades. As porcentaxes serán as mesmas que na
"primeira oportunidade".
As matrículas de honra (M.H.) outorgaranse prioritariamente aos alumnos
que aprobaran a materia na primeira oportunidade, e só se outorgarán na
chamada "segunda oportunidade" se o número máximo daquelas non se cubriu
na súa totalidade na primeira.
O profesor
responsable da materia podería eximir total ó parcialmente a un alumno en que
concorra do proceso de avaliación continua no caso de circunstancias moi excepcionais,
obxectivables e axeitadamente xustificadas. Así mesmo, aquel alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, participará dun sistema personalizado de titorías de orientación e avaliación
que permita valorar a súa evolución e desenvolvemento competencial na materia, e
finalmente terá que someterse a un exame particular que non deixará dúbidas sobre
o seu nivel de coñecementos e competencias.