A Histoloxía, xunto coa Citoloxía, integra unha das materias formativa básicas do Grao en Bioloxía, abordando o seu estudo o complexo mundo da célula (Citoloxía) e os seus niveis de organización superiores (Histoloxía). A Histoloxía, por tanto, ten como obxecto de estudo a organización estrutural dos tecidos como asociacións específicas celulares, a súa correlación coa función fisiológica que desempeñan e os procesos de histoxénese. Neste sentido, o seu coñecemento e dominio é imprescindible na formación de todo biólogo, ao tratarse a Histoloxía dunha disciplina básica para que os alumnos comprendan e encaren adecuadamente o resto das materias que integran o Grao, e na súa proxección profesional, especialmente naquelas saídas profesionais relacionadas cos ámbitos sanitario, educativo e investigador.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías