Guest lecture / keynote speech |
Exposición de contidos por parte do profesorado, que pode responder a formatos diferentes: análises teóricas, resolución de problemas, discusión de casos. Pode estar complementada con medios audiovisuais, así como a introdución de preguntas ou a resolución de problemas ou cuestións teóricas dirixidas ao estudiantado, que poderán ter carácter oral ou escrito.
A finalidade desta metodoloxía é a transmisión dos conceptos microeconómicos e o coñecemento da materia. |
Problem solving |
Cuestións teóricas ou prácticas para resolver polo alumnado, que poderán plantexarse no contexto das sesións maxistrais, nos seminarios ou ben como traballo persoal do estudantado. Así mesmo, poderase requirir a entrega dos resultados da resolución dos problemas teóricos ou prácticos plantexados, tanto en soporte papel como dixital, a través da entrega directa, mediante a plataforma on-line, do correo electrónico ou de calquera outro sistema indicado polo profesorado. |
Mixed objective/subjective test |
A proba mixta correspóndese co exame oficial. Como alternativa a esta proba mixta final poderanse propoñer probas mixtas intermedias (que poderán ser realizadas de forma presencial ou mediante a plataforma virtual), para que o estudiantado poda ter un seguemento continuo do seus progresos. A superación de todas estas probas mixtas intermedias será equivalente á superación da proba mixta final.
A posibilidade de participar nestas probas mixtas intermedias estará suxeita ao cumprimento das condicións establecidas polo profesorado.
|
Events academic / information |
Participación (na forma na que sexa indicada) en eventos de tipo científico ou divulgativo, indicados polo equipo docente, con aproveitamento e participación activa acreditada. |