1) Para superar a materia obteranse polo menos 5 puntos, cun mínimo
de 2.5 na proba mixta.
2) O sistema de avaliación será aplicado, tal e como
se describe no apartado anterior, en todas e cada unha das oportunidades e a
todos os alumnos, con independencia da súa situación académica.
3) Os alumnos
con dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de
realización das probas de avaliación.
4) A cualificación de non presentado
corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación
que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total.
5)
Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse polas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).