Proba obxectiva |
A3 A8 A9 |
A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10. |
70 |
1) Para superar a materia han de obterse polo menos 5 puntos, cun mínimo de 2.5 na proba obxectiva.
2) O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en todas e cada unha das oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica.
3) Os alumnos con dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación.
4) A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total.
5) Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude
e responsabilidades disciplinarias).
|