Short answer questions |
A10 B3 B4 |
1. Tres probas ao longo do curso.
2. Cada unha delas supón o 15% da avaliación final, o que no seu conxunto supón o 45% desta.
3. Consisten nun exame de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, exercicios prácticos ou unha combinación delas.
4. Veáse o apartado de metodoloxías en relación á posibilidade de mellorar a nota do exame escrito ou oral, se é o caso, a través de intervencións na quenda de discusión que se abrirá ao final de cada proba. |
45 |
Mixed objective/subjective test |
A1 A5 A9 A15 A20 A21 B1 B2 B11 B13 C1 C3 C6 C7 |
1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.
2. Supón o 55% da avaliación final.
3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías.
4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo. |
55 |
Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación.Quere iso dicir que: 1) en ambas as dúas probas de avaliación teranse en conta as cualificacións obtidas nas probas de resposta breve, que supoñen, en conxunto, o 45% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas as dúas oportunidades de avaliación, cualifícase sobre 5,5 puntos (o 55% da avaliación final). Na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto co enunciado desta. As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación final. A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno que non participase en ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas de resposta breve. Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar ao exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose expresamente autorizado na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón o que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os utilizase ou non no curso desta. O alumno ha de acreditar a súa personalidade de acordo á normativa vixente.
|