Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Mestrado Universitario en Patrimonio Cultural: A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal |
Asignaturas |
Lingua Portuguesa |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Portuguesa | Código | 710476009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición por parte do profesor de contidos teóricos. |
Traballos tutelados | O alumnado deberá desenvolver un traballo tutelado polo profesor responsábel da materia. Os prazos para a determinación do tema, as sesións de atendemento e a entrega do mesmo serán anunciados na primeira sesión presencial. |
Proba obxectiva | O alumnado deberá superar determinadas probas (orais e escritas) durante o cuadrimestre. O número e natureza destas probas serán determinados nas primeiras sesións presenciais. |
Análise de fontes documentais | Análise de documentos audiovisuais ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou filmes, noticias de actualidade, gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) como instrumento de aplicación de estudo de casos. |
Lecturas | O alumnado deberá ler unha serie de obras sinaladas polo profesor que servierán de fonte para a profundización dos contidos traballados. Ademais, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberá ter leído e analizado previamente artigos especializados que se indiquen para cada sesión. |
Presentación oral | O alumnado deberá realizar a presentación oral de algúns supostos prácticos de expresión oral en lingua portuguesa que o profesor presentará durante as sesións presenciais e, eventualmente, tamén do traballo tutelado. |
Discusión dirixida | Los alumnos participarán en discusións dirixidas polo profesor sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións, estudando o léxico e as destrezas que a discusión demande. |
Actividades iniciais | Actividades de sondaxe das competencias previas do alumnado en lingua portuguesa e de presentación dos obxectivos, metodoloxías e mecanismos de avaliación do curso. |
Recensión bilbiográfica | Lectura crítica de libros ou artigos, atendendo á análise do seu contido en relación á literatura existente sobre o tema, a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou á propia experiencia do alumnado. |
Estudo de casos | Perante a descrición dunha situación específica de comunicación, o alumnado (de maneira individual ou en grupo) realizará dous tipos de actividades: nuns casos, recoñecer as variantes lingüísticas presentes e proceder ao estudo do léxico e a morfosintaxe (e, cando o soporte documental o permitir, tamén a fonética); noutros, defrontarse de maneira práctica aos reptos comunicacionais da situación presentada (ora oralmente, ora por escrito), atendendo ás cuestións gramaticais -con especial atención ás pragmáticas. A adaptación á situación real proposta das solucións fornecidas polos participantes serán discutidas e avaliadas nun proceso de práctica oral da lingua até alcanzar unha decisión razoada. |
Aprendizaxe colaborativa | Oalumnado realizará traballos que supoñan contraste de ideas e estratexias, retroalimentación e aprendizaxe colaborativa cos compañeiros. |
|