Prácticas de laboratorio |
A8 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 |
Participación e Exame.
|
15 |
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para superar a materia. A asistencia poderá convalidarse, previa solicitude, pola xa realizada no curso inmediatamente anterior. Se non se realizan prácticas o alumno terá que superar un exame que demostre a súa capacitación práctica. Ademáis da asistencia a prácticas, para a súa cualificación valóranse as competencias adquiridas mediante un exame de prácticas independente da proba mixta.A asistencia é participación nos grupos reducidos (resolución de problemas) valóranse mediante o seu traballo nos grupos, elaboración de esquemas e controis.Na opción de avaliación de Xaneiro para aprobar a materia é necesario ter polo menos 26 puntos na proba mixta dos 65 totais e sumar no total de actividades máis de 50 puntos. Se non se alcanzan 26 puntos na proba mixta non suman as cualificacións do resto das actividades (laboratorio e grupos reducidos).De face á cualificación de Xullo poderanse conservar as notas das partes aprobadas en xaneiro e presentarse só ás partes pendentes. Alternativamente, en xullo pódese recuperar o 100% da nota da materia cos exames de prácticas (15%) e proba mixta (85%).Para os alumnos con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na comvocatoria de Xaneiro e Xullo haberá un exame específico de avaliación global.
|