Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Lingua e literatura galega e a súa didáctica |
Resultados de aprendizaxe |
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e literatura galega e a súa didáctica | Código | 652G02013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Por descontado, e aínda que as competencias asignadas a cada resultado de aprendizaxe ben poden (e deben) ser asignadas aos outros resultados que aquí apunto, en liñas xerais trátase de que o alumnado comprenda e sexa quen de analizar, interpretar e dar forma aos contidos que rexen no ámbito da Didáctica da Lingua e a Literatura Galegas, atendendo ao mundo da investigación, ao ensino da lingua e a literatura da Galiza e, por suposto, a que están nun contexto diglósico por veces chamado bilingüe. Insistirase, porén, na aprendizaxe autónoma, na posta en escena e na aprendizaxe colaborativa, grupal, e autónoma; coa fin de que alumnos e alumnas sexan capaces de integraren a cadeira nun espazo máis amplo que se refire sempre ao mundo do Ensino Primario. Xa que logo, poderíanse centrar os resultados da aprendizaxe na análise do campo de coñecemento da Lingua e a Literatura galegas e a súa Didáctica e na súa fundamentación interdisciplinar. Por suposto, tamén no recoñecemento da complexidade na construción do coñecemento lingüístico-literario, histórico e social, así como a biodiversidade social e cultural da Galiza; e na adquisición de habilidades para o manexo das distintas fontes de información orais, materiais, documentais, audiovisuais e informáticas. | A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 |
B23 B24 B25 |
|
Tamén será fundamental a reflexión sobre dos valores que se transmiten desde a Didáctica da Lingua e a Literatura galega e a súa importancia na formación do pensamento social e na aprendizaxe de actitudes e valores democráticos, o coñecemento do currículo de lingua e literatura galegas na Educación Primaria e a análise das metas educativas, a selección e organización dos contidos, as extratexias de ensino e aprendizaxe e os criterios e formas da avaliación, así como o traslado á práctica educativa do marco teórico co obxetivo de ser capaces de reflexionar sobre propostas didácticas innovadoras e desenvolver actitudes críticas e creativas fronte a experiencias didácticas presentadas na aula. | B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22 |
C1 C2 |
|
Por último, a adquisición de competencias para transferir á práctica os coñecementos teóricos e deseñar propostas didácticas innovadoras que melloren as prácticas de ensino e aprendizaxe da lingua e a literatura galegas no contexto educativo da etapa 6 a 12 anos. | C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
|