A materia de "Relacións Laborais no ámbito naval e marítimo -pesqueiro" é optativa e pódese cursar en terceiro ou cuarto curso do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
O contido desta materia capacita ao estudantado para alcanzar os coñecementos teórico-prácticos sobre as relacións laborais do sector naval e marítimo pesqueiro desde o plano da súa regulación xurídica, que lle sirvan para dominar os conceptos e as especialidades que caracterizan a este importante sector da economía galega.
Partindo das fontes de regulación do traballo marítimo-pesqueiro, se estudarán as relacións individuais, analizando os diferentes tipos de contrato de traballo, con especial atención aos seguintes aspectos: salario, xornada laboral, saúde e riscos laborais e a seguridade social. Así mesmo analizarase as peculiaridades da negociación colectiva dos traballadores do mar e do sector naval.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.