- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.
- Para superar a materia será preciso acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, obradoiros, proba obxetiva e proba mixta) un mínimo de 5 (sobre 10), sendo tamén condición imprescindible obter un mínimo dun 5 (sobre 10) da cualificación da Proba mixta+Probas obxetivas, e un mínimo dun 5 (sobre 10) da suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio . No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de tódalas actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos).
- No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio, probas obxetivas e talleres conservaranse na segunda oportunidad de xullo. Nesta segunda oportunidade continuarase aplicando os mesmos criterios que na primeira oportunidade, no obstante a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5 (sobre 10) da puntuación total da probamixta+probas obxetivas para poder superar a materia.
- Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos obradorios, nin realizar a proba mixta.
- Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".
- Polo que se refire ós sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso.
- Ao tratarse dunha materia experimental a asistencia a todalas actividades é obrigatorio, polo que para aqueles alumnos que se acollan ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" tratarase de adaptar os horarios, na medida do posible, a disponibilidade dos alumnos. A cualificación final para os devanditos alumnos, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, será a anteriormente citada.
- No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.