Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Analítica 1 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Química Analítica 1 | Código | 610G01011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 | A cualificación obtida nas prácticas de laboratorio suporá o 20% da cualificación da materia. Valorarase a realización axeitada dos prelaboratorios, a destreza na realización do traballo experimental, a interpretación dos datos obtidos, así como a correcta realización dos cálculos, as respostas ás cuestións das devanditas prácticas (que se deberán entregar) e a elaboración da libreta de laboratorio. |
20 |
Solución de problemas | A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 | O control da asistencia a estas actividades, así coma o traballo realizado antes e durante as mesmas, contribúe na cualificación final da materia cun 10%. |
10 |
Proba mixta | A4 A7 A20 A21 A24 B1 B2 C1 C6 | Realizaranse dúas probas escritas en cada unha das convocatorias oficiais: unha proba constará de preguntas de teoría e teoría aplicada e a outra proba constará de exercicios enfocados á resolución de problemas. |
65 |
Proba de resposta breve | A4 A7 A21 B4 | Probas realizadas a través da plataforma Moodle sobre dous dos temas da materia mediante preguntas de resposta breve. Ámbolos dous temas non serán avaliados na proba mixta. |
5 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia plantéxanse dous requisitos básicos:
1.- A realización das prácticas de laboratorio é condición obrigatoria para poder aprobar a materia. 2.-Acadar unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) tanto nas prácticas de laboratorio coma en cada unha das probas mixtas das que consta cada convocatoria. De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, e aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura estará suspensa e figurará unha cualificación de 4.5. Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que realizaren as prácticas e obtivesen menos dun 5, terán a oportunidade de realizar, ademáis das probas mixtas, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituirá á cualificación obtida nas prácticas para calcular a cualificación global. Na proba mixta non saber formular correctamente e axustar as reaccións suporá a anulación do exercicio correspondente. Os alumnos que non participen nas actividades desenvolvidas nas sesións de solución de problemas ou na proba de resposta breve, obterán unha cualificación de 0 nestes apartados. Cualificarase cun Non Presentado aos alumnos que non realicen as prácticas de laboratorio e tampouco realicen a proba mixta. No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta e de proba específica de prácticas de laboratorio. Polo tanto, para as prácticas de laboratorio (excepto para aqueles alumnos que non tivesen alcanzado un mínimo de 5), solución de problemas e proba de resposta breve manteranse as cualificacións obtidas ao longo do curso, namentres que a cualificación da proba mixta e de proba específica de prácticas de laboratorio obtida na segunda oportunidade substituirá ás obtidas na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tivese cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade". Polo que atinxe aos vindeiros cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluído na avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volvería comezar, incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o novo curso. Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Por outra banda, facilitaráselles a asistencia ao maior número posible de sesións de solución de problemas; de non poder asistir ás devanditas sesións, o alumno realizará un traballo titorizado. Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (65%), na proba de resposta breve (5%) e nas sesión de resolución de problemas (10%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades |
|