Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Experimentación en Química Física |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Experimentación en Química Física | Código | 610G01019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A1 A14 A16 A17 A18 A19 A20 A22 B3 B4 B5 C1 C3 | A avaliación das prácticas de laboratorio inclúe: 1) A avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e conecementos adquiridos, as respostas ás cuestións formuladas durante o desenvolvemento dos experimentos e a obtención, análise e discusión dos datos experimentais. A falta de coñecementos e/ou actitude no desenvolvemento do traballo práctico poderá ser causa suficiente de expulsión do laboratorio. O estudante deberá completar o periodo de prácticas no laboratorio para poder superar a materia. 2) O informe elaborado para cada un dos experimentos desenvoltos, que ha de conter todos os datos experimentais, a súa análise e a discusión crítica dos resultados obtidos. Este informe debe ser redactado seguindo as pautas dun informe científico. |
50 |
Proba mixta | A1 A5 A14 A20 A21 B2 B3 C3 | Proba escrita para avaliar os contidos traballados na materia, tanto o fundamento teórico dos esperimentos realizados como a análise e a discusión dos resultados experimentais. Na primeira oportunidade constitúe o 50% da cualificación final, mais para superar a materia é necesario obter una cualificación mínima de 3.5 puntos sobre 10 na proba escrita. Na segunda oportunidade, a cualificación da proba constitúe o 100% da cualificación final. |
50 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia a todos os seminarios e prácticas é indispensable para que o alumno poida superar a asignatura. Primeira oportunidade: A avaliación continua do traballo feito no laboratorio, considerando as destrezas e coñecementos adquiridos, as respostas as cuestións formuladas no laboratorio a a análise e discusión dos datos experimentais, xunto co informe escrito constituirán o 50% da cualificación final. Unha prueba escrita A materia será considerada como superada cando a media das cualificacións obtidas nas distintas actividades suxeitas a avaliación sexa igual ou superior a 5.0 puntos (sobre un máximo de 10) e a cualificación da proba escrita sexa igual ou superior a 3.5 puntos sobre 10. No caso de non acadarse a cualificación mínima na proba escrita (3.5), ainda que a media das metodoloxías de avaliación sexa igual ou superior a 5.0, a materia figurará como suspensa (4.5). A cualificación final do alumno poderá verse A cualificación de non presentado só a terán aqueles alumnos que non realicen ningunha sesión de prácticas no laboratorio. Os En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles Segunda oportunidade: Os estudantes que non superaren a avaliación continua do traballo práctico no laboratorio deberan realizar un exame práctico no laboratorio. Os estudantes que superaren a avaliación continua do traballo práctico no laboratorio deberan realizar unha proba escrita na aula que representará o 100% da cualificación final. Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso académico non foi cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. A proba mixta de cada oportunidade realizarase nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coas normas da UDC): Sendo unha materia experimental, a asistencia a todas as actividades é obrigatoria, de tal xeito que tratarase de adaptar os horarios das prácticas de laboratorio, na medida do posible, a dispoñibilidade dos estudantes. Os criterios de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade serán os mesmos que para o resto do estudantado. |
|