Proba mixta |
Prográmase 1 exame final, que permitirá avaliar obxectivamente o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumno. A proba mixta incluirá un único tipo de preguntas, que estarán relacionadas coa estrutura, a determinación estrutural, a reactividad e a síntese de compostos orgánicos, e que permitirán determinar se as respostas son correctas. |
Sesión maxistral |
O profesor expoñerá os contidos fundamentais de cada tema que serán previamente subministrados aos alumnos co fin de que os preparen pola súa conta con anterioridade ao desenvolvemento da clase. Impartirase ao grupo grande. |
Obradoiro |
O profesor asignará aos alumnos a preparación dalgúns problemas, que requirirán a integración de contidos de diferentes temas. Os alumnos deberán estudar os problemas e preparar unha solución por escrito, que deberá ser entregado con anterioridade ao desenvolvemento das clases en grupo reducido. Durante as clases, os alumnos presentarán oralmente algún dos problemas encomendados, e responderán ás cuestións que se formulen ao respecto. |