Para superar a materia o alumno terá que acadar en cada unha das actividades que contabilizan na avaliación unha nota mínima de 4 sobre 10, e unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima nalgunha das actividades, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).
Na segunda oportunidade só é posible mellorar a cualificación da proba mixta, manténdose as cualificacións do traballo e das prácticas obtidos no curso.
Só os alumnos que non realicen ningunha das actividades avaliables terán a consideración de "non presentados".
Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.
O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, e polo tanto, os alumnos que non superen a materia e volvan matricularse, terán que realizar todas as actividades programadas, sen manteren ningunha das cualificacións obtidas en cursos previos.
No caso de situacións excepcionais debidamente justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia, flexibilizando os prazos de entrega do traballo tutelado ou os horarios de realización das prácticas.