Debido a que a materia sintetiza coñecementos de materias moi diversas nos
eidos da Bioloxía, especialmente de Ecoloxía e Biodiversidade Animal e Medio Ambiente, e que non existe ningún texto que reúna todos os contidos
impartidos, recomendase que os alumnos asistan ás clases teóricas. É esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UDC.
De
maneira complementaria, para cada un dos apartados do temario,
recomendase unha serie de referencias bibliográficas, todas elas
presentes na biblioteca da Facultade, que os alumnos poderán consultar
para ampliar coñecementos.
É conveniente contar cun coñecemento de inglés a un nivel de lectura medio.
É conveniente contar con coñecementos a nivel usuario de ferramentas informáticas básicas.
|